InicioSociedadeA nova residencia en Navia de Suarna, un paso máis preto

A nova residencia en Navia de Suarna, un paso máis preto

O presidente provincial e o alcalde ratificarán este xoves o acordo no marco dunhas xornadas de portas abertas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes por unanimidade, co ‘si’ de PP, PSOE e BNG, o convenio específico entre o goberno provincial e o Concello de Navia de Suarna para a apertura do Centro de Atención a Maiores (CAM) do municipio.

Ademais, segundo informa a institución, o presidente provincial, José TomÉ, e o alcalde naviego, José Fernández, asinarán o acordo este xoves, cando a institución organice na residencia unha xornada de portas abertas para que a veciñanza a coñeza ante a súa próxima entrada en funcionamento.

O convenio é o ultimo trámite entre administracións que faltaba para poder abrir o CAM e supón un investimento de máis de tres millóns de euros ata 2025, tal e como explicou durante o pleno o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón. O seguinte paso da Deputación de cara á apertura da residencia de Navia será aprobar na xunta de goberno a licitación do contrato para as prestacións básicas.

No que vai de mandato, a institución provincial abriu catro novos centros de maiores –na Fonsagrada, Castroverde, Pedrafita do Cebreiro e Meira–, que se suman ao tres xa en marcha –en Trabada, Ribadeo e Pol–. Ademais, este ano abrirán os de Navia de Suarna e Ribas de Sil.

“É unha evidencia que superamos á Xunta de Galicia en número de residencias públicas na provincia de Lugo porque ten catro e nós, a día de hoxe, xestionamos sete centros”, reivindicou Rivera Capón.

CESIÓNS Á USC

Por outra banda, a Corporación provincial aprobou por unanimidade a ampliación ata 2058 da cesión á Universidade de Santiago de Compostela (USC) de oito parcelas de titularidade provincial por 200.570 metros cadrados para o funcionamento do Campus de Lugo.

Trátase de terreos ocupados por facultades, centros de investigación e outros servizos educativos, concretamente a Escola Politécnica Superior, o complexo docente de Relacións Laborais, Enfermaría e Humanidades e as superficies que ocupan a Facultade de ADE, a de Veterinario e a Biblioteca da Carballeira, entre outros.

ÚLTIMAS

A A-6 sufrirá esta semana cortes de carril polas obras de reparación do firme en Becerreá

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable vai executar esta semana actuacións de reparación do firme en...

Detido en Friol por entrar pola forza na casa dun coñecido, romper mobles e aveños e ameazalo de morte

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Friol a un home de 28 anos que...

Denunciada por falsificar un cartón de discapacitado para poder aparcar

A Policía Local de Lugo identificou e denunciou a unha condutora que facía uso...

Volve este luns ‘Lugo Termal’: descontos en balnearios lucenses para maiores de 50

A Deputación de Lugoabrirá este luns o prazo para solicitar as 1.750 prazas do programa...