InicioSociedadeNovo incremento de casos Covid na provincia de Lugo

Novo incremento de casos Covid na provincia de Lugo

Baixan os hospitalizados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os pacientes hospitalizados pola Covid-19 no conxunto de Galicia descenden a 493, que supoñen 24 menos que a xornada anterior, mentres que os casos activos ascenden e superan os 11.000, tras rexistrarse outros 1.432 contagios.

En canto á taxa de positividade –número de PCR positivas por cada 100 realizadas– repunta ao 52,86 por cento, tras baixar o martes ao 32,66% e comezar esta semana no 43,88%. Por iso, mantense moi por encima do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia

Segundo os datos actualizados este mércores pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do martes, recollidos por Europa Press, ascenden a 17 os pacientes en UCI pola Covid-19 en Galicia –dous máis– e descenden a 476 os hospitalizados noutras unidades –26 menos–, mentres que 10.535 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana, o mércores 15 de xuño, había 424 ingresados, 15 deles en UCI.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase na de Lugo, onde queda un paciente Covid en UCI –uno menos que a xornada anterior– e rexistra 50 ingresados noutras unidades –12 menos–.

MÁIS CASOS ACTIVOS

Tras dúas xornadas consecutivas de descenso, os casos activos ascenden e superan os 11.000 ao situarse en 11.028, que implican 608 máis, ao haber máis contaxios (1.432), que altas (823), ao que se engaden varios falecementos. O mércores 15 de xuño había 9.342 infeccións activas.

O ascenso é xeneralizado nas sete áreas sanitarias galegas, coa de Lugo (+61) que sobe a 1.313 casos activos.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo recuperará unha aula infantil pechada desde a pandemia para acabar coa lista de agarda: 12 novas prazas en 2027

A conciliación familiar continúa sendo unha das principais preocupacións para os fogares con nenos...

Lugo activa o plan contra as nevaradas: 42 camións e 9.250 toneladas de sal para manter abertas as estradas

A chegada do inverno volve poñer o foco nun dos principais desafíos para a...

Detido tras agredir a unha auxiliar de enfermaría no hospital de Lugo

A Policía Nacional detivo en Lugo un home por agredir unha auxiliar de enfermaría...

Ferido ao caer co coche por un barranco de 30 metros en Becerreá

Unha persoa resultou ferida despois de precipitarse por un barranco duns 30 metros o...