InicioSociedadeO Banco de Alimentos de Lugo atende unha vintena de familias refuxiadas...

O Banco de Alimentos de Lugo atende unha vintena de familias refuxiadas ucraínas

A presidenta matiza que hai guerras "soterradas e caladas" máis alá da ofensiva rusa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Banco de Alimentos de Lugo atende unha vintena de familias refuxiadas ucraínas, que foxen da guerra, ademais da persoas refuxiadas de Colombia, Nicaragua e de países africanos.

Segundo explicou a presidenta do banco, Amadora Núñez, fuxindo da ofensiva rusa, ata vinte familias acudiron a dito servizo, ademais de persoas colombianas, nicaraguanas e “de distintos países africanos”. “Temos moitos refuxiados e non só os expulsados pola guerra en Ucraína, senón que hai guerras tamén soterradas e caladas“, constatou Amadora Núñez.

De momento no Banco de Alimentos de Lugo “aguantan” e contan con “reservas” para atender “á xente que o precisa”. “A xente e as empresas axudaron moito”, sostén tras a última operación quilo. Son máis de 2.000 familias as que acoden ao banco na provincia, ás tres instalacións con que contan, na mesma cidade amurallada, Monforte e Viveiro.

Núñez deixou claro que a alta inflación tamén se “nota” en canto ao incremento de familias que non chegan a final de mes. Amadora Núñez apelou a que a xente “non teña medo” a acudir a recoller comida, aínda que desliza a necesidade de ser “prudentes”. “Eu sempre digo que medo, nunca; e precaución, moita”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...