InicioMovementos sociaisNova concentración no IES de Becerreá contra os recortes no ensino rural

Nova concentración no IES de Becerreá contra os recortes no ensino rural

A ANPA mobilizarase este martes para reivindicar a derrogación da normativa pola cal de poden suprimir as materias cun número inferior a cinco estudantes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A ANPA do IES de Becerreá vén de convocar a última concentración deste curso para este martes, 21 de xuño, ás 11:40 horas á entrada do centro.

As persoas convocantes mobilizaranse para reivindicar a derrogación da normativa pola cal de poden suprimir as materias cun número inferior a cinco estudantes, aínda que no centro haxa profesorado especialista con dispoñilibidade horaria, como, din, aconteceu este curso coa materia de Francés. A ANPA tamén reclama a “fin dos continuos recortes en persoal nos centros educativos” e a posta en marcha dun plan educativo específico que “garanta a calidade no ensino público e a igualdade de oportunidades para o noso alumnado”.

As mobilizacións comezaron o pasado 26 de outubro e duraron todo o curso escolar. Entre elas destaca a manifestación do 3 de maio, onde o comercio local pechou en solidariedade. A ANPA do IES de Becerreá agradece a “todas as persoas e institucións que nos apoiaron e nos seguen apoiando”, entre eleas, a Deputación de Lugo, os concellos de Becerreá e Navia; partidos políticos como BNG, Galicia Sempre, PSOE; os sindicatos CCOO, CIG, CSIF, UGT; as asociacións AGARESO, Ser, CDR Ancares, A Carqueixa, S. Deportiva de Becerreá e Fapacel e Federación de ANPAS Galegas.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...