InicioBierzoO colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo presenta propostas lingüísticas sobre a...

O colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo presenta propostas lingüísticas sobre a comarca no encontro “Medra a Lingua”

Os diversos materiais dixitais, pedagóxicos e bibliográficos en galego deberían chegar ás bibliotecas municipais e centros escolares do Bierzo. Este labor debería ser comandado pola Consellerías de Cultura e Educación da Xunta de Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O primeiro, unha concreción terminolóxica. Referímonos a que defendemos a expresión galego estremeiro fronte ao galego exterior. Galego estremeiro por proximidade e veciñanza, e non galego exterior que amosa afastamento. Coidamos que hai unha comunidade lingüística galega peninsular única que abrangue tamén os territorios do Eonavia, O Bierzo e alta Seabra. No Bierzo falamos o idioma galego, non habendo debate dialectal como no Eonavia. Por iso rexeitamos termos como galegoberciano ou galegoleonés que só defenden o leonesismo cultural e político. Queda clarexo que desbotamos o confusionismo terminolóxico que só provoca divisionismo.

Pretendemos reforzar a presenza do galego estremeiro nas leis de Galicia, caso da Lei de normaslización lingüística. O obxectivo é acadar maior protección xurídica para as minorías lingüísticas dos tres territorios estremeiro. Falta un protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Consello comarcal berciano para poner en funcionamento o servizo lingüístico que fomente o galego nas instituciois locais.

A nivel político pedimos que nos debates lingüísticos estea presente a problemática do galego estremeiro. Así debería acontecer no Parlamento Galego e Cortes Xerais. Agardemos que, cando se reforme o Estatuto de Autonomía de Castela e León, poidamos contar co apoio necesario para demandar a oficialidade do galego do Bierzo, expreso no seu articulado. Incluso demandamos a defesa direta do galego fronte aos partidos leonesistas que negan a presenza do idioma galego no Bierzo.

As páxinas dixitais de instituciois asociaciois culturais, partidos, etc de Galicia deberían ter menciois á problemática do galego estremeiro. Incluso a cartografía de Galicia a nivel cultural ten que evitar cercenar os territorios estremeiros galegofalantes.

Hai un protocolo para o ensino do galego no Bierzo e Seabra. Queremos que se recoñeza nel a obriga de ofertar a materia de galego nos centros escolares do Bierzo occidental. Hoxe hai colexios que non ofertan galego pola oposición do seu profesorado, casos de Fabeiro, A Veiga de Valcarce, Quilous, A Veiga de Espìñareda e Carracedelo.

As instituciois culturais de Galicia, exemplos da RAG, ILG, Consello Cultura Galega, etc deberían ter entre os seus obxectivos estudar e dar a coñecer a presenza do galego nas bisbarras estremeiras (xornadas, investigaciois, publicaciois, etc). Incluso instamos a que haxa unha colaboración cultural cos concellos bercianos e mailo Instituto de Estudos Bercianos.

Os diversos materiais dixitais, pedagóxicos e bibliográficos en galego deberían chegar ás bibliotecas municipais e centros escolares do Bierzo. Este labor debería ser comandado pola Consellerías de Cultura e Educación da Xunta de Galicia.

Os medios de comunicación, tradicionais ou dixitais, teñen que dar máis información da problemática lingüística das bisbarras estremeiras comarcas. A información periódica destas facilita a sensibilidade social cara a nós. Sen visibilidade dixital temos existencia parcial que conduce á irrelevancia. Neste senso hai que reforzar a nosa presenza informativa na CRTVGalega.

Para os ditos territorios estremeiros é fundamental estreitar os vincallos coa Galiza. A nivel turístico pódese facer moito máis. Achegamos iniciativas no fomento común das zonas naturais (Os Ancares, Courel e Enciña da Lastra). Outro tanto se pode facer cos roteiros (Camiños de Santiago, de Inverno, gran senda do Sil, etc), explotaciois auríferas (As Médulas, Montefurado…), mosteiros (tebaida berciana e Ribeira Sacra), etc. No traballo promocional conxunto cómpre a sinalización en galego, elaboración de folletos, presenza en feiras e internet.

ÚLTIMAS

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...