InicioLugo e contornaO delegado do Goberno espera "resultados" da investigación sobre explotación laboral en...

O delegado do Goberno espera “resultados” da investigación sobre explotación laboral en Castroverde

As vítimas daban atención a persoas maiores, enfermas e con discapacidade, con 12 e 14 horas diarias de traballo por entre 600 e 1.000 euros, de luns a domingo, e cobraban en man.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, asegurou este xoves en Lugo que espera “resultados” da investigación sobre explotación laboral a través dunha rede que operaba en Castroverde.

Así o manifestou en declaracións á prensa despois de que o diario ‘El Progreso’ publicase que no que en principio podían ser 60 as vítimas desta trama, o número pode elevarse ata as 76. Son a maioría mulleres de orixe suramericana, sen papeis, algunhas das cales xa prestaría declaración ante o xulgado que leva a investigación, o de Instrución número 3 de Lugo.

As vítimas serían supostamente utilizadas por unha axencia para dar atención a persoas maiores, enfermas e con discapacidade, con 12 e 14 horas diarias de traballo por entre 600 e 1.000 euros, de luns a domingo, e cobraban en man.

Entre as investigadas atópanse unha nai e a súa filla, que contan cunha empresa sociosanitaria no municipio de Castroverde, aínda que elas residen no concello limítrofe de Baleira. Miñones sinalou que agarda, como con “todas as investigacións que están en marcha”, que haxa “resultados”. “Hai que deixar que fagan o seu traballo as forzas e corpos de seguridade do Estado”, sentenciou.

O delegado non quixo entrar en se podería ser maior o número de persoas explotadas laboralmente ou non, senón que se limitou a afirmar: “Cando teñamos máis información trasladarase”.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Pontón augura que o BNG “fará historia” en Lugo con Arroxo de alcalde

A portavoz nacional do Bloque presenta o candidato para as municipais de 2027 e presume de dar "estabilidade e rigor" á cidade amurallada.

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...