InicioSociedadeLugo a piques de baixar dos 1.000 contaxiados de Covid

Lugo a piques de baixar dos 1.000 contaxiados de Covid

Xa non hai ningunha persoa na UCI.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de 600.032 persoas curáronse da Covid-19 ata a data desde o inicio desta pandemia o conxunto de Galicia, onde que se reducen a 562 os pacientes hospitalizados por este coronavirus –40 menos que a xornada anterior– e os casos activos descenden a 9.224 –implican 349 menos–, tras detectarse outros 888 contaxios –120 máis que o día pasado–. Polo seu lado, a taxa de positividade aumenta a un 12 por cento.

Segundo os datos actualizados este mércores pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do martes, recollidos por Europa Press, baixan a 21 as persoas hospitalizadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –sete menos– e a 541 as ingresadas en unidades convencionais –33 menos–, mentres que 8.662 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio. O pasado mércores, 18 de maio, había 11.458 hospitalizados, 22 deles en UCI.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase na área sanitaria de Lugo, que destaca como a única sen pacientes Covid en UCI –a xornada anterior tiña un– e conta con 37 hospitalizados noutras unidades –catro menos-.

CASOS EN DESCENSO

En canto aos casos activos de Covid-19 manteñen a tendencia descendente desde este pasado fin de semana ata os 9.224, que implican 349 menos que os rexistrados a xornada anterior ao haber máis altas (1.234) que contaxios (888), ao que se suman tres falecementos.

O descenso volve ser xeneralizado nas sete áreas sanitarias galegas, coa de Vigo á cabeza (-77), seguida da da Coruña-Cee (-73), Santiago e Barbanza (-64) e Lugo (-54) que queda con 1.038 casos.

ÚLTIMAS

O Gran Premio de España de Motocrós traerá a Lugo aos mellores pilotos do mundo por segundo ano consecutivo

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este xoves na presentación do...

O TSXG confirma 10 anos de cárcere a un home que violou a unha moza de 14 anos en Lugo, pero triplica a indemnización

A Sala do Civil e Penal do TSXG confirmou a sentenza da sección segunda...

José Tomé defende que “o futuro está na terra” nun foro sobre enxeñería forestar e agraria

"O futuro está na terra", así comezou a súa intervención o presidente da Deputación...

O TSXG eleva a 3 anos a pena para un condenado por agresión sexual á neta dos seus veciños en Lugo

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...