InicioTerra CháCospeitoO pai da nena asasinada en Muimenta denunciará a testemuñas por "mentir"...

O pai da nena asasinada en Muimenta denunciará a testemuñas por “mentir” no xuízo

Asegura que se querellará contra os avós da menor, a parella da condenada e máis persoas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

José Manuel Leal, o pai de Desirée Leal, a nena asasinada pola súa nai en Muimenta en maio de 2019, asegurou que segue en pé a idea de denunciar por “falso testemuño” aos avós da menor, así como ao noivo de Ana Sandamil e a dúas amigas. Unha denuncia que Leal anunciou que presentará cando o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) resolva sobre o recurso á condena a prisión permanente revisable á que foi condenada a súa exparella pola Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo.

Leal afeou que os pais da asasina e “outras persoas” fosen ao xuízo “a mentir”, polo que a condición de que sexa “viable” procederase a interpor unha denuncia por ese “falso testemuño” que lles atribúe. “Se o avogado ve que non vai chegarse a nada, haberá que aguantarse”, engade o pai de Desirée.

Ademais, inclúe a “unha amiga da avoa de alí, de Muimenta, que cometeu falso testemuño” porque, ao seu modo de ver, xa no xulgado de Vilalba que levou a instrución incorreu en “contradicións”. Leal censurou que tamén unha “amiga de Meira” de Sandamil “mentiu”, igual que o noivo. “Non acabo de entender que haxa xente que poida defender a ese monstro, a unha asasina”, lamentou o pai de Desirée. A nai da pequena foi condenada a prisión permanente revisable logo que un xurado popular a atopara culpable de matar a Desirée Leal, que contaba con tan só sete anos en maio de 2019.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...