InicioSociedadeGran incremento de hospitalizados pola Covid na provincia

Gran incremento de hospitalizados pola Covid na provincia

Hai 23 hospitalizados máis.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os pacientes hospitalizados pola Covid-19 en Galicia aumentan a 694, que supoñen 61 máis que o sábado –o domingo e festivos a Xunta non actualiza datos–, mentres que os casos activos descenden a 12.974 –uns 2.000 menos– tras comezar esta semana con 502 novos casos abertos nas últimas 24 horas. Pola súa banda, a taxa de positividade baixa a un 29 por cento en Galicia.

Segundo os datos actualizados este luns pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do domingo, recollidos por Europa Press, desde o sábado aumentaron a 26 as persoas hospitalizadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –unha máis– e a 668 as ingresadas en unidades convencionais –60 máis–, mentres que 12.280 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta nas sete, en especial na de Lugo, que é a única sen ingresados pola Covid en UCI, mentres rexistra 73 hospitalizados noutras unidades –23 máis–.

CASOS EN DESCENSO

Os casos activos mantéñense en descenso desde o pasado sábado e sitúanse en 12.974, que implican 2.054 menos, ao haber máis altas este pasado fin de semana (3.294) que contaxios (1.243), ao que se engaden tres falecementos.

O descenso é xeneralizado nas sete áreas sanitarias, coa da Coruña e Cee á fronte (-388), seguida da de Vigo (-366) e Lugo (-361) que queda con 1.639 contaxiados.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo recuperará unha aula infantil pechada desde a pandemia para acabar coa lista de agarda: 12 novas prazas en 2027

A conciliación familiar continúa sendo unha das principais preocupacións para os fogares con nenos...

Lugo activa o plan contra as nevaradas: 42 camións e 9.250 toneladas de sal para manter abertas as estradas

A chegada do inverno volve poñer o foco nun dos principais desafíos para a...

Detido tras agredir a unha auxiliar de enfermaría no hospital de Lugo

A Policía Nacional detivo en Lugo un home por agredir unha auxiliar de enfermaría...

Ferido ao caer co coche por un barranco de 30 metros en Becerreá

Unha persoa resultou ferida despois de precipitarse por un barranco duns 30 metros o...