InicioPolíticaO BNG esixe ao alcalde de Pol unha desculpa pública pola suposta...

O BNG esixe ao alcalde de Pol unha desculpa pública pola suposta agresión a un mozo

O PP reclama directamente o seu cesamento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG esixe ao alcalde de Pol, Liño Rodríguez, “responsabilidades” e unha “desculpa pública” por mor de que un mozo de Portomarín o denunciase ante a Garda Civil por unha suposta agresión durante un partido de fútbol o domingo, unha acusación que o rexedor nega.

A través dun comunicado, os nacionalistas –aínda que non piden directamente o cesamento do alcalde, como si reclamou o PP– tachan de “moi grave” as súas formas de actuar: “Son indecentes e vergoñosas dunha persoa que está a representar a veciñanza de Pol”.

Neste contexto, o BNG sinala a “degradación” á que está a someter Rodríguez ao municipio e por iso esíxenlle non só “responsabilidades” polos feitos denunciados, senón tamén “unha desculpa pública” tanto aos polenses como aos portomarinenses.

Ademais, o Bloque lembra que xa “en varias ocasións” condenou a actitude do alcalde, como no caso dun suposto “acoso laboral” no Concello e o “incumprimento das normas no período de confinamento” na primavera de 2020.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...