InicioSociedadeO avogado das familias das vítimas do dobre crime do Cash Record...

O avogado das familias das vítimas do dobre crime do Cash Record en Lugo estima o xuízo para final de ano

Destaca que se trata do "proceso máis antigo de España" e valora que, "aínda que é xustiza tardía, é xustiza á fin e ao cabo"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O avogado das familias das vítimas do dobre crime do Cash Record sucedido en Lugo hai 28 anos estima que a celebración xuízo para finais de ano ou principios do próximo, despois de que a Audiencia Provincial ditase o auto de procesamiento cun único investigado e principal sospeitoso para as familias, un hostaleiro que reside agora en Burgos.

O letrado das familias, Gerardo Pardo de Vera, aclarou que, tras o último auto da Audiencia Provincial, “queda un trámite” que é que as “partes” se pronuncien “acerca do que cren, se é procedente o sobresemento ou xuízo oral”.

“Hai un trámite que é definitivo onde as partes van pronunciarse acerca do que cren, se é procedente o sobresemento ou xuízo oral e a audiencia (provincial) ten que decidir nese sentido”, puntualizou.

Unha vez superado ese “trámite”, xa só cabe “o señalamento do xuízo oral, e esa decisión vaise a producir nun prazo curto de tempo, sobre dous meses, e despois o xuízo que dependerá da axenda do tribunal”, explicou. Con todo, estima que o xuízo non se celebrará antes de fin de ano, aínda que se non é así, apunta a que podería celebrarse a principios do próximo 2023.

Pardo de Beira ten claro que a “Xustiza” foi “moi lenta”, con este caso tras cumprirse o pasado 30 de abril 28 anos desde que foron asesinador a tiros a caixeira Elena López e o reponedor Esteban Carballedo. No mesmo distribuidor de alimentación, no Cash Reccord no polígono industrial do Ceao, o autor ou autores levaron un botín de cinco millóns das vellas pesetas.

“PROCESO MÁIS ANTIGO”

O avogado lucense afirmou, seguidamente, que se trata do “proceso máis antigo de España”. “Estamos satisfeitos despois de 28 anos. A Xustiza é un valor absoluto, é verdade que se dilúe a medida que se cumpren os tempos dos procesos. Aínda que é xustiza tardía, é xustiza á fin e ao cabo”, concluíu.

O xuízo sentará no banco a un hostaleiro, que no momento dos feitos, o 30 de abril de 1994, era o propietario dun bar no centro da cidade de Lugo e que agora case 30 anos despois reside en Burgos.

ÚLTIMAS

Ingresa en prisión un vilalbés acusado de malos tratos que se cambiou de xénero no rexistro para eludir a pena

Un vilalbés con varias causas por malos tratos e que cambiou de xénero no...

Comezan as obras de desdobre do último tramo da avenida Infanta Elena en Lugo

As obras que completarán o desdobre e humanización dos 2,7 quilómetros da Avenida Infanta...

Tomé e Castro presentan o número máximo de avais para dirixir o PSOE provincial

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e o edil de Paradela Iván Castro presentaron...

Condenados 8 ultras participantes nunha pelexa na previa do Lugo-Ponferradina de 2023

O Xulgado de Instrución nº1 de Lugo condenou este luns aos oito ultras investigados pola súa...