InicioEconomíaLuz verde para o novo parque infantil da Praza de Bretaña

Luz verde para o novo parque infantil da Praza de Bretaña

A xunta de goberno do Concello de Lugo autoriza un orzamento de licitación de 88.000 euros para a nova infraestrutura do centro da cidade, que estará lista antes da fin de ano

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo autorizou este mércores a construcción dun novo parque infantil na céntrica Praza de Bretaña. A xunta de goberno deu o prace para a contratación da subministración e instalación da área de xogos e o pavimentado de seguridade no lugar, cun orzamento de licitación de 88.000 euros. O executivo de Lara Méndez camiña así cara a solución dun déficit crónico da cidade, e que afecta especialmente o recinto amurallado.

Os traballos consistirán, en primeiro lugar, no acondicionamento da zona, para reforzar as cimentacións, retirando as losetas precisas nos puntos dos ancoraxes dos xogos, a base de prismas de formigón. Os equipamentos da área infantil da Praza de Bretaña, que estará listo antes de que remate 2018, serán os seguintes: pórtico de columpio dobre con asento plano de goma e asento cuna para bebés, xogo múltiple singular, torre multidisciplinar múltiple, tres muelles representantivos de figuras de animais, un muelle inclusivo representativo de vehículo tracción mecánica, unha casiña de xogos, figuras xeométricas e un xogo tubo ou túnel baixo a montaña.

A zona de xogos contará cun pavimento continuo de seguridade de amortiguación e un valado de madeira tratada, sen cantos vivos. A garantía será de dous anos e a empresa que resulte adxudicataria conta cun prazo de 45 días para a subministración e instalación do parque infantil da Praza de Bretaña.

Nestes momentos, o goberno local traballa na renovación do solo, o peche perimetral e o módulo de xogos do parque infantil situado na rúa Poeta Aquilino Iglesias Alvariño, tarefas que contan cunha partida de 58.000 euros nos presupostos deste ano, defendidos como os máis investidores da última década.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...