InicioSucesosAuxilian unha persoa ebria que circulaba en cadeira de rodas pola calzada...

Auxilian unha persoa ebria que circulaba en cadeira de rodas pola calzada en Lugo

Na Semana Santa a Policía Local de Lugo intensificou os controis de alcoholemia e drogas en vías do centro urbano.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo auxiliaron unha persoa que circulaba con signos de embriaguez en cadeira de rodas polo medio da calzada na capital luguesa.

Segundo relatou a Policía Local, sobre as 17,00 horas do pasado 16 de abril unha patrulla da Policía de Barrio acudiu á Avenida Alfonso X O Sabio porque unha persoa que se desprazaba en cadeira de rodas estaba desorientada e circulaba polo medio da calzada, con risco de sufrir un accidente.

Os axentes localizaron a esta persoa e observaron, puntualizan as mesmas fontes, que presentaba “signos de embriaguez”, polo que foi auxiliada e localizado un familiar. Ademais, requiriuse a presenza dunha ambulancia do 061 para atención sanitaria a esta persoa.

NENO PERDIDO

Por outra banda, ás 18,40 horas do 17 de abril unha patrulla da Policía de Barrio foi enviada ao paso do Rato porque un grupo de persoas atopou un neno perdido.

Os axentes comprobaron que o neno estaba nervioso e choraba, polo que lograron tranquilizalo e procederon á procura dos seus pais, que foron localizados a uns 100 metros de onde estaba o menor, quen manifestaron que xogaba cunha bicicleta e se desorientara.

VEHÍCULO PERDIDO

Por outra banda, un cidadán requiriu os servizos da Policía Local na madrugada do sábado ao domingo pasado porque deixara o vehículo estacionado nunha rúa e tras ir de copas por Mariña Española non se acordaba onde o tiña e cría que llo subtraeron.

A patrulla realizou unha batida por varias rúas da cidade e localizaron o vehículo desta persoa “debidamente estacionado”, destaca a Policía Local, na rúa Fernando Esquiu, do que se fixo cargo o seu propietario, quen mostrou o seu agredecimiento pola “rápida localización” do turismo.

CONTROIS

Por outra banda, durante o pasado fin de semana do 15 ao 17 de abril, no marco da Semana Santa, a Policía Local de Lugo intensificou os controis de alcoholemia e drogas en vías do centro urbano, no marco dos que foron detectados nove persoas con taxa superiores ás reglamentariamente establecidos –un deles denunciado por delito contra a seguridade viaria– e dúas por outros delitos contra a seguridade viaria.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...