InicioA UlloaPalas de ReiDeclaran extinguido o incendio en Palas de Rei que afectou a 180...

Declaran extinguido o incendio en Palas de Rei que afectou a 180 hectáreas

Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 182 hectáreas de monte raso.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural informa de que foi extinguido o incendio forestal rexistrado no concello lugués de Palas de Rei, parroquia de Moredo.

O lume iniciouse ás 5,27 h. da pasada mañanciña e quedou extinguido ás 21,50 h. desta noite. Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 182 hectáreas de monte raso. Para o seu control mobilizáronse en total 6 axentes, 22 brigadas, 6 motobombas, 4 avións e 4 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

+ posts

ÚLTIMAS

Xulgan un home acusado de agresión sexual á técnica da ONG que o acollía

O Xulgado do Penal número 1 de Lugo viu este martes o caso contra...

Violento altercado entre dous acusados por agresión sexual na Audiencia de Lugo

Dous mozos protagonizaron este martes na Audiencia Provincial de Lugo un altercado no xuízo...

A Xunta destina 27,3 millóns á construción de 152 vivendas de promoción pública en Lugo

O Goberno galego autorizou a licitación das obras de construción de 152 novas vivendas...

‘Coñece a túa Provincia’ leva a 130 persoas a cinco destinos diferentes de Lugo

  O programa da Deputación Coñece a túa provincia leva estes días a 130 veciños...