InicioSucesosPesar polo falecemento de Cristóbal Víctor Fraga, secretario da Deputación

Pesar polo falecemento de Cristóbal Víctor Fraga, secretario da Deputación

O asesor legal, de longa carreira como funcionario da administración pública, tomara posesión como secretario xeral da Deputación en abril de 2017

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo expresou este martes as condolencias polo pasamento repentino de Cristóbal Víctor Fraga Bermejo, secretario xeral da autoridade provincial, e persoa moi querida entre funcionarios e representantes políticos. O loito é compartido entre todos os servidores públicos, pois o finado contaba cunha longa carreira de servizo na administración pública.

Licenciado en Ciencias Políticas e en Dereito, Fraga Bermejo tomara posesión da praza en abril de 2017, logo de exercer como secretario  no Concello de Betanzos dende 1996. Con anterioridade, tamén desempeñara a función de Interventor nos Concellos de Pobra do Caramiñal, Cederia, Negreira, Lousame, Vimianzo, Guitiriz e Malpica.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...