InicioLugo e contornaLugoRescatan a unha moza con intoxicación etílica en Lugo: "non era capaz...

Rescatan a unha moza con intoxicación etílica en Lugo: “non era capaz de falar”

Atopárona "vomitando e coa roupa completamente mollada".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Sobre as 00,10 horas deste 7 de abril unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno de Lugo colaborou co 061 no auxilio dunha moza de 25 anos que estaba tirada na Praza das Augas Férreas “cunha forte intoxicación etílica, vomitando e coa roupa completamente mollada, incapaz de articular palabra”, apunta a Policía Local. Tras iso a moza foi trasladada ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo para recibir atención sanitaria, sinalaron as mesmas fontes policiais.

Por outro ladoPolicía Local de Lugo localizou aparcado sobre unha beirrarúa na rúa Río Avia na tarde deste pasado mércores un vehículo que figuraba como subtraído anteriormente. Segundo informou a Policía Local, sobre as 20,15 horas do 6 de abril unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio observou na rúa Río Avia un vehículo estacionado sobre unha beirarrúa.

Os axentes cando procedían a realizar a denuncia correspondente, detectaron na Base de Datos policiais que existía unha “alerta” por subtracción, polo que foi retirado polo servizo de guindastre ao depósito municipal, onde quedou precintado a disposición da Policía Científica.

+ posts

ÚLTIMAS

Daniel Irimia deixa o PSOE en Cospeito e pasa ao grupo de non adscritos tras reabrirse a súa causa por presunta violencia de xénero

Daniel Irimia, quen foi voceiro do PSOE en Cospeito, deixou as filas socialistas e...

Ferido grave tras chocar contra un cabalo na autovía A-6 ao seu paso polas Nogais

Un home resultou ferido grave na noite do martes tras chocar o vehículo no...

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...