InicioSociedadeConduce un cuadriciclo en sentido contrario triplicando a taxa de alcoholemia nunha...

Conduce un cuadriciclo en sentido contrario triplicando a taxa de alcoholemia nunha rúa de Lugo

Outro conductor foi sancionado por quintuplicar a taxa de alcol en sangue.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha patrulla camuflada da Policía Local de Lugo interceptou a pasada madrugada ao condutor dun cuadriciclo que circulaba en sentido contrario pola Rúa de Pontevedra, en dirección á Rúa Tui, onde finalmente os axentes déronlle o alto.

Os policías decatáronse de inmediato de que o condutor, un home de 55 anos de idade, presentaba síntomas evidentes de ter bebido, polo que foi sometido ao correspondente control de alcoholemia, no que deu unha taxa positiva de 0,77 miligramos de alcol por litro de aire expirado, máis do triplo do permitido pola lei.

A Policía Local instruíu dilixencias por un suposto delito contra a seguridade viaria pola modalidade de xuízo rápido. Por outra banda, sobre as 05:30 horas, outra patrulla viu como un vehículo circulaba de forma irregular pola Rúa San Roque. Cando lle deron o alto, viron que o condutor presentaba síntomas de embriaguez. Sometido á proba de alcoholemia, deu unha taxa positiva de 1,21 miligramos de alcol por litro de aire expirado, case cinco veces máis da taxa permitida.

+ posts

ÚLTIMAS

PSOE e PP enfróntanse en Lugo polo mitin de Besteiro: acusacións de “sectarismo” e “manipulación”

A campaña electoral das eleccións xerais do 29 de novembro chega á súa recta...

Lugo recuperará unha aula infantil pechada desde a pandemia para acabar coa lista de agarda: 12 novas prazas en 2027

A conciliación familiar continúa sendo unha das principais preocupacións para os fogares con nenos...

Lugo activa o plan contra as nevaradas: 42 camións e 9.250 toneladas de sal para manter abertas as estradas

A chegada do inverno volve poñer o foco nun dos principais desafíos para a...

Detido tras agredir a unha auxiliar de enfermaría no hospital de Lugo

A Policía Nacional detivo en Lugo un home por agredir unha auxiliar de enfermaría...