InicioPolíticaA Deputación de Lugo, contra o PP por "mentir" sobre as obras...

A Deputación de Lugo, contra o PP por “mentir” sobre as obras do Parque Central

O PP acusou a Deputación de iniciar as actuacións sen licenza, e esta pide aos populares que "deixen de manipular".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP de Lugo mostrouse “moi preocupado polo feito de que a Deputación iniciase as obras do Parque Central de Galicia antes contar coa licenza municipal”. Unhas acusacións ao paso das cales saíu o ente provincial para tachalas de “falsidades” e pedir aos populares que “deixen de manipular e de mentir”.

“Moi preocupados deixounos o presidente da Deputación de Lugo, o socialista José Tomé, coa súa resposta á pregunta do PP (no pleno) de se o centro do Parque Central de Galicia ten toda a documentación completa, porque o propio presidente aseverou que non ten licenza, que están a esperar a licenza do Concello”, sostén, nun comunicado, o portavoz popular na Deputación, Javier Castiñeira.

Destaca que o PP “está a favor deste proxecto”, pero “quere saber se todo está a facerse en regra, e por iso pediu toda a documentación e non se lle deu completa”. “As desculpas do presidente non nos valen”, agrega. En resposta, a Deputación de Lugo emitiu un comunicado no que esixe ao PP que “retire de inmediato as falsidades que verteu sobre as obras do Parque Central de Galicia” e que “deixe de enganar os veciños” e de “obstaculizar”.

Respecto diso, o ente provincial remarca que conta con permiso da Consellería de Medio Rural para os traballos iniciados de acondicionamento e labores nas parcelas adquiridas pola Deputación, que incluíron rozas, corta de eucaliptos e plantación de especies autóctonas. Tamén apunta que as obras da estrada provincial LU-P-0301 “non necesitan autorización” por que é de titularidade da Deputación.

E no tocante ás obras do Parque Central, di que para poder inicialas “é necesario que o Concello de Antas de Ulla aprobe o plan especial de infraestruturas e dotacións, que xa lle presentou a Deputación á entidade local o pasado 11 de marzo, e, unha vez aprobado, que conceda a correspondente licenza municipal”. “Por tanto, o comezo destas obras depende única e exclusivamente da axilidade coa que o Concello de Antas de Ulla conceda á Deputación as autorizacións necesarias“, deixa claro.

OUTRAS ACTUACIÓNS

Noutra orde de cousas, a Deputación informou de que inicia as obras de mellora da vía provincial que vai de Sarria ao Páramo, cun investimento de 75.700 euros. Por outra banda, a Deputación abre este venres, 1 de abril, o prazo de presentación de candidaturas aos terceiros premios á hostalaría e ao turismo.

ÚLTIMAS

Achado morto ao octoxenario desaparecido en Láncara

Un octoxenario foi achado este sábado sen vida tras levar varias horas desaparecido no...

Colisión frontal en Lugo deixa tres persoas hospitalizadas

Tres persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada tras unha colisión...

O Concello de Lugo reclama á Xunta a recuperación inmediata do antigo cuartel de San Fernando

O Concello de Lugo reclamou á Xunta que execute de inmediato a recuperación do...

A Deputación de Lugo impulsa unha campaña para apoiar ás familias na volta ao cole

A Deputación de Lugo e a Federación Galega de Comercio lanzaron este venres na...