InicioSociedadeSegue o descenso dos casos covid en Lugo

Segue o descenso dos casos covid en Lugo

Xa hai menos de 2.500 contaxiados en toda a provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os novos contaxios de Covid-19 mantéñense por segundo día por baixo dos 2.000 diarios en 1.291 en Galicia e os casos activos baixan a 20.876 –que supoñen uns 960 menos que os rexistrados a xornada anterior–, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus aumentan a 467 –catro máis– en Galicia no comezo desta semana na que entrou en vigor o novo protocolo de vixilancia e control deste virus, que elimina os illamentos aos positivos e déixase de facer probas diagnóstica á poboación xeral.

Segundo os datos actualizados este martes pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do luns, recollidos por Europa Press, mantéñense 25 persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia e ascenden a 442 as hospitalizadas en unidades convencionais –catro máis–, mentres que 20.409 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana –o martes 22 de marzo– había 436 hospitalizados, 18 deles en críticos.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase na de Lugo, onde quedan dous en UCI –un menos– e hai 34 ingresados noutras unidades –dous menos–.

CASOS ACTIVOS

A tendencia descendente dos casos activos de Covid-19 mantense por segunda xornada consecutiva ao baixar a 20.876, que implican 963 menos que os rexistrados no inicio desta semana ao haber de novo máis altas (2.247) que contaxios (1.291), ao que se engaden sete falecementos.  O descenso de casos é xeneralizado e a de Lugo baixa (+56), quedando con 2.438 casos.

ÚLTIMAS

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...

A Policía de Lugo detecta cinco condutores ebrios e auxilia a un bebé pechado nunha vivenda

Os filtros de seguridade vial realizados pola Policía Local de Lugo permitiron detectar nos...