InicioSociedadeBaixan os casos en Lugo pero continúan as hospitalizacións por Covid

Baixan os casos en Lugo pero continúan as hospitalizacións por Covid

O número total de casos é de 2.588.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia arrinca esta semana na que entra en vigor o novo protocolo de vixilancia e control da Covid-19, que elimina os illamentos aos positivos e déixase de facer probas diagnóstica á poboación xeral, con 463 hospitalizados por este coronavirus –24 máis que o sábado– e cun descenso dos casos activos ata os 21.839 –uns 1.800 menos–, tras outros 2.200 novos contaxios o fin de semana. Pola súa banda, a taxa de positividade cae a un 7,7 por cento no conxunto de Galicia.

Segundo os datos actualizados este luns pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do domingo –os festivos e domingos non se actualizan–, recollidos por Europa Press, aumentan a 25 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –unha máis que o sábado– e a 438 as hospitalizadas en unidades convencionais –23 máis–, mentres que 21.376 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana –o luns 21 de marzo– había 415 hospitalizados, 20 deles en críticos.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta nas sete. Na de Lugo soben a tres o críticos –un máis– e a 36 os doutras unidades –tres máis–.

BAIXAN OS CASOS

A tendencia ascendente dos casos activos que se mantivo cinco xornadas seguidas ata o sábado reverteuse ao baixar aos 21.839, ao haber máis altas (4.066) que contaxios (2.223), ao que se suman dous falecidos. Hai unha semana –o luns 21 de marzo– había 20.225 infeccións activas. O descenso de casos é xeneralizado nas sete áreas sanitarias galegas. Na de Lugo (-156) e queda con 2.588.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...