InicioSociedadeA Deputación de Lugo estrea a segunda edición do programa Coñece a...

A Deputación de Lugo estrea a segunda edición do programa Coñece a túa provincia

Este programa ten como obxectivo favorecer o coñecemento da provincia e apoiar a hostalaría, turismo e o comercio da provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo estreou este mércores a segunda edición do programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia, do que se beneficiarán máis de 3.000 persoas de 136 asociacións e colectivos lucenses.

Nesta segunda edición os usuarios e usuarias viaxarán en dúas quendas que permitirán coñecer a provincia en primavera, dende hoxe e ata o 30 de xuño, e en outono, de setembro a novembro.

A primeira entidade beneficiaria, a Asociación Provincial de Amas de Casa e de Consumidores de Lugo Lucus, visitou o Pozo da Ferida e o concello de Ferreira do Valadouro para despois seguir a ruta no castelo de Castrodouro e a Finca Galea, ambos en Alfoz. A ruta comezou cun percorrido polo Pazo de San Marcos onde puideron coñecer a historia do edificio.

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto,
acompañou aos primeiros participantes e destacou que a reedición deste programa, incluído no Plan de Impulso da Economía da Provincia que lanzou a Deputación, “ten como obxectivo seguir favorecendo o coñecemento da provincia entre os propios veciños e veciñas, e apoiar a actividade da hostalaría, do turismo e do comercio fronte ao impacto da pandemia”.

“80 asociacións e colectivos da provincia participarán entre esta semana e o mes de xuño nas visitas coas que percorrerán o patrimonio natural, histórico, gastronómico e cultural
dos concellos lucenses”, explicou García Porto.

A primeira parada de cada viaxe realizarase sempre nun espazo de titularidade provincial, como pode ser o Pazo de San Marcos, o Centro de Produción Audiovisual, a Granxa Gayoso Castro, o Centro de Interpretación Terras do Miño ou o Mazo de Santa Comba.

A institución provincial recibiu 170 solicitudes durante o período de inscrición, das que foron admitidas 135 seguindo a orde de inscrición ata completar as prazas dispoñibles, tal e como sinalan as bases. Ademais, aceptáronse 32 entidades que entraron na listaxe de agarda.

O programa Coñece a túa Provincia inclúe, de balde, o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo.

Estas visitas serán realizadas por profesionais que contan coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e polo persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.

+ posts

ÚLTIMAS

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

O PP de Guitiriz amplía a denuncia contra a alcaldesa por posibles “irregularidades en documentos oficiais”

O Partido Popular de Guitiriz anunciou este mércores a ampliación da denuncia presentada contra...

Luz verde do Concello de Lugo para ampliar o paseo do río Rato

A xunta de goberno local de Lugo deu luz verde á intervención no tramo...

O Club de Loita Lugo recibe 10.000 euros da Xunta para reforzar equipamentos

A Xunta achegou 10.000 euros ao Club de Loita Lugo para adquirir unha furgoneta,...