InicioEconomíaA hostalaría, preocupada polo posible desabastecemento de mercadorías

A hostalaría, preocupada polo posible desabastecemento de mercadorías

O presidente da Asociación de Hostalaría de Lugo, Cheché Real, asegura que esta folga fai "po" os negocios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A hostalaría galega, tras dous anos “dramáticos” pola pandemia da Covid-19 en canto á “supervivencia” dos negocios, teme agora o posible desabastecemento de mercadorías perecedoiras esta semana pola folga do transporte. Así o manifestou o presidente da Federación Galega de Hostalaría e presidente da de Lugo, Cheché Real, quen subliñou que no sector entenden as reivindicacións dos transportistas polo que avoga “por un envorco importante da situación”.

Neste contexto sinalou que é preciso “buscar a maneira de que baixen os carburantes e baixe a enerxía”, para indicar seguidamente que esta folga está facendo “po” á hostalaría. Ademais esta situación obrigounos a ter “que ir con vehículos aos lugares de distribución para cargar e traer os artigos, pero as mercadorías perecedoiras teñen máis difícil situación”.

En canto a un posible “desabastecemento”, Cheché Real anunciou que “a partir de agora si que se vai notar” non tanto en “os alcois, senón nas mercadorías perecedoiras como son a carne, o peixe ou o pan“. “Imos ter dificultades como isto siga así porque as lonxas están paralizadas, os matadoiros non funcionan e por tanto isto afecta directamente a toda a cadea de hostalaría”, ratificou.

Finalmente Real sinalou que esta situación, “sumada aos dous anos de pandemia, fai moi difícil a supervivencia das empresas de hostalaría neste país”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...