InicioPolíticaOs socialistas piden a comparecencia de Feijóo e cargan contra Carballo pola...

Os socialistas piden a comparecencia de Feijóo e cargan contra Carballo pola Residencia

O PSdeG pedirá a comparecencia do presidente da Xunta no Parlamento ao tempo que sinala o candidato do Partido Popular como cómplice na anulación do proxecto da Residencia

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un día despois de trascender a anulación do plan integral para a renovación da Residencia, o PSdeG anuncia que solicitará a comparecencia do presidente da Xunta no Parlamento para que explique as razóns para tomar esta decisión e non comunicala o resto de partes implicadas. Xunto co máximo responsable do executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, os socialistas sinalan a responsabilidade política do delegado territorial, José Manuel Balseiro, e máis Ramón Carballo, exsubdelegado do Goberno e actual representante da Consellería da Presidencia en Lugo.

“Hai varios actores, persoas con responsabilidades políticas, que tiveron que ver con isto e deben dar explicacións aos lucenses”, explicou Álvaro Santos, secretario xeral dos socialistas na provincia de Lugo. O asemade deputado de Relacións Institucionais fixo pública a solicitude de comparecencia en compañía da dirixente da agrupación da capital, Ana López Abelleira, o parlamentario Luís Álvarez, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e mailo voceiro municipal, Miguel Fernández. 

Santos subliñou a opacidade do acordo, asinado o mesmo día en que comezaba o debate da moción de censura no Congreso dos Deputados. Así mesmo precisou a participación necesaria de Feijóo, que autoriza a anulación da imprescindible retrocesión de dous edificios do vello Hospital Xeral; de Balseiro, delegado provincial da Xunta; e de Carballo, entón responsable da Subdelegación do Goberno, e representante da outra parte firmante do convenio de renovación do barrio da Residencia.

“Se é certo o que agora di a Xunta –argumentou o secretario xeral–, Carballo tiña que ter informado aos lucenses”. Santos acusou duramente o alcaldable dos populares, que este venres presenta o seu proxecto para os comicios municipais de 2019. “Sorprende ver a Feijóo culpabilizar de todo isto a Carballo, o seu candidato á alcaldía de Lugo”.

No PSdeG de Lugo consideran que o candidato do Partido Popular “empeza con moi mal pé”, por non realizar “ningunha xestión” para evitar a paralización do proxecto da Residencia. O líder dos socialistas na provincia culpou a Carballo de “enganar e ocultar información” a cidadanía.

A esquerda lucense: “sabotaxe” na Residencia e “regalo envelenado” a Carballo

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...