InicioLugo e contornaLugoDeteñen á parella do lucense acusado de estafar 38.000€ aos bancos

Deteñen á parella do lucense acusado de estafar 38.000€ aos bancos

A Policía Nacional considera que a muller tamén se beneficiou do delito.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo a unha muller veciña de Lugo por estafa, esposa dun arrestado por estafar como empregado de banca máis de 15.000 euros. Supostamente ela tamén se beneficiou co pago de créditos a través das contas dos estafados. O seu arresto prodúcese despois da detención da súa parella o pasado mes de febreiro tras cometer unha estafa bancaria por importe superior a 15.000€ co uso fraudulento de varios cartóns de crédito e da banca electrónica.

E tamén foi detido polos mesmos feitos, pero nunha entidade bancaria diferente noutro municipio da provincia por parte da Garda Civil, cun montante de 23.000 euros. As mesmas fontes policiais destacan que o individuo detido realizou todas estas estafas cando traballaba como empregado das entidades bancarias e foi despedido “por falta de confianza”.

XUÍZO

A parella deste estafador foi detida, xa que constan varios pagos por valor de 1.500 euros de préstamos solicitados pola parella desde as contas dos estafados, destaca a Policía Nacional. Por iso o pasado martes, a muller foi localizada por axentes da Comisaría Provincial, que procederon á súa detención e toma de declaración nas dependencias da rúa Chantada, para ser posta logo en liberdade, á espera de xuízo.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...