InicioSociedadeCrecen un 51% os nacementos na provincia de Lugo en xaneiro

Crecen un 51% os nacementos na provincia de Lugo en xaneiro

Naceron 161 bebés.

PUBLICADA O

número de nacementos en Galicia subiu un 17,86% en xaneiro deste ano en comparación co mesmo mes de 2021, ata 1.247 bebés, quedándose aínda por baixo de datos de 2020, 2019 e 2018 (1.300, 1.333 e 1.465 bebés, respectivamente), últimos anos antes da pandemia. Segundo datos publicados este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press, a nivel nacional naceron 27.756 bebés no mes de xaneiro, un 15,7% máis que en xaneiro de 2021, pero tamén quedándose por baixo de 2020 (30.314 bebés). Por provincias, en Pontevedra naceron o primeiro mes de 2022 ata 437 bebés, un 9,74% máis, mentres que na Coruña, 546 bebés, un 18,66% máis e superando en tres nenos o dato de 2020. En Ourense, o número de nacementos foi de 98, un 8,57% máis, mentres que en Lugo naceron 167 bebés, un 51% máis e superando os datos de 2020 e 2019. Doutra banda, o número de defuncións en Galicia baixou case un 10% ata finais de xaneiro, con 3.690 decesos, duplicando o número de nacementos. Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Detido un mozo en Lugo por unha suposta agresión sexual

Un home de 18 anos atópase detido en dependencias policiais acusado dunha suposta agresión...

Aberta a circulación de trens na variante da Pobra de San Xiao

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a través de Adif, puxo en explotación...