InicioAncaresUnhas táboas na estrada provocan o accidente de catro coches na A-6...

Unhas táboas na estrada provocan o accidente de catro coches na A-6 en Baralla

O sinistro saldouse cun condutor ferido.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unhas táboas de madeira tiradas na vía provocaron na medianoite deste martes un accidente de tráfico que se saldou cun condutor ferido e catro vehículos afectados na autovía A-6 ao seu paso polo municipio de Baralla. Segundo informou o 112 Galicia, os feitos ocorreron pasada a medianoite no quilómetro 467 da autovía A-6, ao seu paso polo concello de Baralla.

As chamadas dos afectados ao 112 permitiron activar un operativo de emerxencias composto por Urxencias Sanitarias de Galicia-061, axentes da Garda Civil de Tráfico e persoal de limpeza e mantemento da vía para a retirada dos obstáculos e o restablecemento da seguridade.

En concreto, catro vehículos resultaron danados por mor da madeira tirada na calzada, que provocou o rebentón de pneumáticos e a perda de control dos coches afectados. Por mor desta situación, un dos condutores implicados neste accidente necesitou asistencia médica debido ás lesións ocasionadas polo impacto.

Ao lugar, o 061 enviou unha ambulancia de soporte vital básico para atender o home J.E.G., de 26 anos, que recibiu a alta voluntaria no punto, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...