InicioSociedadeA veciñanza de Parga mobilízase pola reapertura do seu centro de saúde

A veciñanza de Parga mobilízase pola reapertura do seu centro de saúde

Leva pechado dende hai dous anos, e consideran que a "desculpa" da pandemia xa non serve para manter o servizo clausurado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Veciñanza de Parga, no municipio de Guitiriz, mobilizarase para reclamar que reabra o centro de saúde que leva pechado desde que se iniciou a pandemia pola Covid-19 hai case dous anos. Os veciños a través da Plataforma ‘Parga non se divide’ volverán protestar, como xa o fixeron cando pechou, porque argumentan que a caída de contaxios por Covid é xa unha “realidade” e non ten sentido manter pechada dita instalación e que teñan que desprazarse ao Punto de Atención Continuada (PAC) de Guitiriz.

Un dos portavoces deste colectivo, Alfonso Losada, avanzou que “pensan” en volver saír á rúa e lembra que “durante preto dun ano xa nos estivemos mobilizando”. “A situación de gravidade que había pola pandemia está decaendo. Todas as desculpas que nos deron para o peche médico eran derivadas da pandemia”, incidiu. Unha vez superado o “máis grave”, Losada ameazou con volver ás “mobilizacións” se finalmente o Sergas mantén esta situación de peche do centro de saúde.

No centro traballan dous médicos e unha ATS que vai dous días por semana, pero só “facer extraccións”. Nesta parroquia de Guitiriz hai censados sobre 1.700 veciños.

ÚLTIMAS

O PP esixe ao Goberno levar a fibra e o 5G a todo o rural lucense

O senador do PP lucense Manuel Balseiro defenderá este mércores na Comisión de Transformación...

Ratificada por Ferraz a lista para dirixir o PSOE da provincia de Lugo con Lago Lage á cabeza

o PSdeG-PSOE da provincia de Lugo recibiu de forma oficial a conformidade da dirección...

Luz verde a contratar as obras para desdobrar o tramo que concluirá a autovía que unirá Lugo e Sarria

O Goberno galego acordou, na súa reunión semanal, a aprobación da contratación por un...

Lugo estuda sancionar a concesionaria de extraescolares por falta de pagamentos

A Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo está a estudar posibles accións legais...