InicioSociedadeO Concello de Lugo e a USC recuperan documentación inédita do Cemiterio...

O Concello de Lugo e a USC recuperan documentación inédita do Cemiterio Municipal

A documentación procede dunha serie de caixas atopadas na Sacristía da Capela do Cemiterio e atopáronse licenzas e autorizacións de enterramentos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, e a concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López recibiron esta mañá ao Decano da Facultade de Humanidades da USC, Gonzalo Francisco Fernández Suárez, con quen o Goberno de Lugo asinou un convenio de colaboración para recuperar documentación inédita do Cemiterio Municipal.

A concelleira responsábel do Cemiterio, Cristina López, explicou que “esta colaboración permitiranos recuperar e poñer en valor nova documentación antiga, atopada recentemente nas instalacións do Cemiterio Municipal, mentres que as e os estudantes de Humanidades terán unha gran oportunidade para realizar prácticas de tratamento arquivístico con documentación real”, explicou Cristina López.

A documentación procede dunha serie de caixas atopadas na sacristía da Capela do Cemiterio, e na revisión preliminar da mesma atopáronse licenzas ou autorizacións de enterramentos, traslados de restos e permisos de obras.

“As e os estudantes da USC poderán realizar todo o proceso de tratamento arquivístico desta documentación, pasando pola limpeza e a clasificación, ata a catalogación e dixitalización da mesma”, declarou a concelleira de Participación.

Con esta acción o Goberno de Lugo recuperará documentación xerada entre os anos 40 e 80 do século pasado. Cristina López destacou a importancia desta colaboración, “dado que son documentos únicos que polas datas coinciden coa posta en marcha do actual Cemiterio Municipal de San Froilán”.

+ posts

ÚLTIMAS

Nova agresión nun campo de fútbol: un árbitro acaba no hospital ao recibir unha puñada nun partido de veteranos en Lugo

O encontro entre o Residencia e o Alianza, correspondente á novena xornada da División...

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...