InicioMedioambiente e PatrimonioLugo tendrá unha central de produción térmica no Ceao

Lugo tendrá unha central de produción térmica no Ceao

O concello di que o sistema, baseado na utilización de biomasa e enerxía solar, contribuirá á descarbonización da atmósfera dentro das políticas de sostibilidade que promove o Executivo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Concello de Lugo autorizará este mércores en Xunta de Goberno a construción, no Polígono do Ceao, dun edificio industrial que albergará unha central de produción térmica centralizada de auga quente para calefacción.

A infraestrutura, que posteriormente se completará cunha rede de distribución urbana na avenida Benigno Rivera, contempla a instalación de 4 caldeiras de biomasa e dúas de gas natural nunha parcela, na que tamén se prevé a creación de 23 prazas de estacionamento vinculadas, e na que ocupará unha superficie de 2.204 m².

O proxecto, que se desenvolve ao abeiro do protocolo de colaboración asinado pola alcaldesa, Lara Méndez, coa compañía DH Eco Energías – promotora da iniciativa – posibilitará a posta en marcha dunha Rede de Distrito que se fará en fases e de forma modular para que se poidan ir conectando a ela, progresivamente, os inmobles que o desexen.

A planta empregará tecnoloxía de combustión de Biomasa e enerxía eléctrica procedente de fontes renovables – biomasa e enerxía solar de concentración – para producir auga quente, tanto para calefacción como sanitaria, que dará servizo a edificios residenciais, centros educativos, sanitarios e administrativos, entre outros.

Lugo é xa un polo de atracción de investimentos verdes, como é o noso obxectivo, afirmou Lara Méndez. Temos o firme compromiso de mellorar a calidade de vida das e dos lucenses, un benestar e un coidado que debe ir en consonancia co da cidade e a saúde do planeta. Por iso, conscientes de que a loita contra o cambio climático require dun plantexamento integral que reforce o seu carácter transversal, estamos a promover actuacións sectoriais que tranformen Lugo, que reconduzan os nosos patróns de consumo e hábitos cara pautas e opcións, que as hai, moito máis respectuosas co medio ambiente”, engadiu a rexedora.

A rexedora puxo de manifesto que, “actualmente, xa se considera que as comunidades enerxéticas locais son unha alternativa eficiente, en tanto melloran a calidade de vida no sector residencial e permiten reducir a emisión de gases invernadoiro”. Así, destacou que a veciñanza poderá dispoñer de calefacción e auga quente nos seus domicilios sen precisar de instalacións particulares para o abastecemento enerxético o que implica unha redución de custos, porque só pagará polo consumo – que é até un 20% máis barato que o dos sistemas actuais, pero non polo seu mantemento, segundo explicou a alcaldesa lucense.

A creación desta central dispón dun orzamento de 860.276 euros e dun prazo de execución de 24 meses, que xunto ás outras 3 licenzas que serán validadas na Xunta de Goberno desta semana.

ÚLTIMAS

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...

Detida unha muller de 20 anos de idade tras tentar introducir marihuana no centro penal de Monterroso

A Garda Civil detivo a unha muller de 20 anos de idade, veciña de Pontevedra, como presunta...

Obras de rehabilitación en ligazóns da A-6 e A-8 en Begonte provocarán cortes de circulación durante tres semanas

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable inicia este xoves, 21 de novembro, as obras...