InicioSociedadeFriol agarda máis de 25.000 visitantes á Feira do Queixo

Friol agarda máis de 25.000 visitantes á Feira do Queixo

Celébrase o próximo 20 de marzo e recupera a presencialidade tras dous anos de pandemia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Friol calcula en máis de 25.000 os visitantes que acudan á Feira do Queixo e Pan de Ousá, que se celebrará o próximo 20 de marzo e que recupera a presencialidade tras dous anos de pandemia.

O alcalde deste municipio, José Ángel Santos, presentou esta 28 edición, á vez que celebrou que se recupere esa “presencialidade despois de dous anos”, para o que xa avanza que se prepara un “ambicioso programa”. Para esta edición confirmaron a súa presenza “noventa queixeiras, que levarán unhas 14.000 pezas de queixo e cinco panadarías de Ousá que exporán 5.000 pans”.

Santos estimou que se poidan “superar os 25.000 visitantes”, tendo en conta que “a xente está desexando saír e desexando que haxa este tipo de eventos para poder degustar produtos típicos da zona e estes produtos estrela como son o queixo de Friol e o pan de Ousá”. “Ademais toda esta xente poderá gozar do ambicioso programa que estamos a deseñar”, subliñou.

Para ese domingo 20 de abril está previsto adiantar o horario de “apertura” da feira, que pasa ás 9,30 horas. O Concello garante “limpeza e desinfección durante toda a xornada“, á vez que “se reordenarán os espazos internos para cumprir coa distancia de seguridade e coas normas que establecen as autoridades sanitarias”.

“Confiamos que esta feira rexurda de novo para que siga sendo o mellor escaparate turístico e gastronómico do Concello de Friol”, esgrimiu o alcalde, José Ángel Santos.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...