InicioCulturaUxía leva a súa música ata A Fonsagrada este sábado

Uxía leva a súa música ata A Fonsagrada este sábado

En Taboada será a quenda de De Vacas; e o 6 de marzo en Barreiros, de Habelas Hainas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O ciclo de concertos Con Voz de Muller 8-M que impulsa a Deputación de Lugo continúa este sábado, 5 de marzo, coa actuación de Uxía no salón de actos fonsagradino dos Chaos ás 20.00 horas e de De Vacas na praza Riazón de Taboada ás 19.00 horas.

Estas actuacións forman parte desta nova iniciativa organizada por primeira vez este ano pola institución, que pretende achegar aos concellos da provincia música en feminino con motivo do Día Internacional da Muller, que se conmemora cada 8 de marzo.

A Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro García, anima a veciñanza a acudir a estes concertos, que son gratuítos e que teñen o obxectivo de “sensibilizar, romper estereotipos e favorecer a visibilización e o empoderamento a través da música de mulleres con voz propia que cantan e expresan os nosos dereitos”. Recalca Loureiro que dende a Deputación “pensamos en actividades e horarios para un público familiar e xente nova”.

O programa Con Voz de Muller 8-M pecharase este domingo, 6 de marzo, ás 19.00 horas, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de Barreiros co concerto do grupo Habelas Hailas.

+ posts

ÚLTIMAS

PSOE e PP enfróntanse en Lugo polo mitin de Besteiro: acusacións de “sectarismo” e “manipulación”

A campaña electoral das eleccións xerais do 29 de novembro chega á súa recta...

Lugo recuperará unha aula infantil pechada desde a pandemia para acabar coa lista de agarda: 12 novas prazas en 2027

A conciliación familiar continúa sendo unha das principais preocupacións para os fogares con nenos...

Lugo activa o plan contra as nevaradas: 42 camións e 9.250 toneladas de sal para manter abertas as estradas

A chegada do inverno volve poñer o foco nun dos principais desafíos para a...

Detido tras agredir a unha auxiliar de enfermaría no hospital de Lugo

A Policía Nacional detivo en Lugo un home por agredir unha auxiliar de enfermaría...