InicioSociedadeA área de Medio Rural de Lugo achegará 5.000 euros para reforzar...

A área de Medio Rural de Lugo achegará 5.000 euros para reforzar o asesoramento rural aos profesionais

Con esta colaboración queren consolidar a estrutura e a actividade da Asociación de Asesores Rurais de Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Deputación de Lugo apoiará a actividade da Asociación de Asesores Rurais de Galicia cunha achega de 5.000 euros para promover a formación contínua e a participación destes profesionais en órganos consultivos das administracións.

A deputada Mónica Freire, que manifestou o apoio á entidade desde a súa creación, concretou que “con esta colaboración queremos contribuír a consolidar a estrutura e a actividade da Asociación de Asesores Rurais que se constituíu o pasado setembro en Lugo e que xerou un gran interese, integrando máis de 40 persoas de toda Galicia, nestes primeiros meses”.

“Desde a área de Medio Rural comprobamos día a día, no contacto coas persoas que traballan no sector primario, a importancia que estas e estes profesionais de entidades de aconsellamento agrario, asesorías, cooperativas e oficinas de extensión agraria teñen á hora de facilitar a relación entre as administracións e o sector e na orientación das ganderías e das producións agrarias a modelos sostibles ao territorio”, indicou a responsábel provincial.

Mónica Freire subliñou “a importancia que estes perfís profesionais teñen na provincia de Lugo, polo peso territorial e económico do sector primario e porque moitas das profesionais saen das titulacións que temos no Campus Terra”.

Tamén incidiu na “vital relevancia que a figura do asesor rural acadará no vindeiro período da política agraria común, xa que ocupa un papel central na aplicación das políticas de desenvolvemento rural, a través da metodoloxía AKIS: sistemas de coñecemento e innovación agrícolas”, concluíu.

A Asociación de Asesores Rurais de Galicia, con sede na Escola Politécnica de Enxeñaría do Campus Terra, ten entre os seus obxectivos a defensa dos dereitos e intereses profesionais dos profesionais da asesoría rural, promover a súa formación contínua e participar en consellos, comisións e órganos consultivos das administracións.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...