InicioLugo e contornaMúsica en feminino por toda a provincia de Lugo para reivindicar o...

Música en feminino por toda a provincia de Lugo para reivindicar o 8-M

Laura LaMontagne, Uxía, De Vacas e Habelas Hainas actuarán en distintos concellos nunha proposta da Deputación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Arrincan os actos culturais e reivindicativos polo 8-M. A Deputación de Lugo lanzará esta fin de semana o ciclo de concertos Con Voz de Muller 8-Munha nova iniciativa organizada por primeira vez este ano pola institución, que pretende achegar aos concellos da provincia música en feminino con motivo do Día Internacional da Muller.

A Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro García, explica que os espectáculos serán gratuítos para facilitar a participación cidadá e incide en que o obxectivo é “sensibilizar, romper estereotipos e favorecer a visibilización e o empoderamento das mulleres a través da música de mulleres con voz propia que cantan e expresan os nosos dereitos a través da música, como o fan os catro grupos que eliximos para esta primeira edición deste ciclo de concertos”.

Loureiro pon o foco en que “cada vez máis temos máis voces no noso panorama musical mulleres que fan música con linguaxe propia, que lle poñen letra á nosa realidade e  reivindicacións, que falan das diferentes formas de querer, e que son o exemplo de como xuntas somos máis e mellores”. Con esta filosofía a Deputación programou para este venres, 4 de marzo, en Vilalba, o concerto de Laura LaMontagne & PicoAmperio; para o sábado, 5 de marzo, o de Uxía na Fonsagrada e o de De Vacas en Taboada; e para o domingo, día 6, o de Habelas Hainas en Barreiros.

Nas súas palabras, a Deputada de Muller e Igualdade recalca que dende a Deputación “pensamos en actividades e horarios para un público familiar e xente nova”. “Cremos que pode ser interesante que os nosos pequenos e pequenas veñan, porque a música é expresión, liberdade e emoción, e a música serve para conmover e remover conciencias”, indica. Subliña Loureiro que neste mundo, o da música, as mulleres seguen véndose obrigadas a loitar contra a invisibilización e o machismo que sofren, como traballadoras, tanto detrás como sobre o escenario, polo que temos que “proxectalas, escoitalas e sentilas”.

ÚLTIMAS

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Ratifican sete meses de cárcere para unha nai de Lugo que impediu visitas ao seu fillo por parte dos avós

O Tribunal Supremo confirmou a condena a unha muller de Lugo por un delito...

Finalizan as obras para mellorar o sistema de saneamento do Cebreiro

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición...

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...