InicioAncaresNavia de SuarnaUn veciño de Navia de Suarna provoca un incendio ao desatender unha...

Un veciño de Navia de Suarna provoca un incendio ao desatender unha queima forestal

A Garda Civil cítao en calidade de investigado por un delito forestal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil imputou en calidade de investigado a un veciño de Navia de Suarna de 72 anos de idade como presunto autor dun delito de incendio forestal por imprudencia grave nunha queima. Segundo informou o Instituto Armado, este lume ocorreu o pasado día 8 na parroquia de Rao-Santa María no municipio de Navia de Suarna e afectou a monte raso.

No marco da inspección ocular efectuada e confeccionado o informe técnico de causas, as mesmas fontes indicaron que se constatou que se orixinou “por unha imprudencia grave na queima de residuos agrícolas e forestais” por parte do presunto autor, ao incumprir “o preceptuado na lexislación sectorial da Comunidade Autónoma de Galicia e máxime cando ditas queimas están prohibidas” na autonomía galega de maneira temporal. As dilixencias policiais instruídas en relación con estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución número 2 de Becerreá.

ÚLTIMAS

A feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada a moción do PP para investigala

O Goberno local de Lugo, co voto de calidade do alcalde debido á ausencia...

A Deputación terá 135 millóns máis nos seus orzamentos para 2026

A Deputación de Lugo contará en 2026 cun orzamento de 135 millóns de euros,...

Un operativo contra os locais de lecer nocturno en Lugo remata cun detido e 39 identificados

Un home foi detido por un suposto delito de atentado contra un axente da...

CC.OO. esixe a dimisión da edila de Persoal do Concello de Lugo

Comisións Obreiras (CC.OO.) esixiu a dimisión inmediata da concelleira de Persoal do Concello de...