InicioTerra CháBegonteJosé Miñones expresa o seu pesar polo falecemento dun axente da Garda...

José Miñones expresa o seu pesar polo falecemento dun axente da Garda Civil nun accidente en Begonte

Trasladou as súas condolencias e agarimo aos compañeiros, familiares e amigos do falecido.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, expresou este luns o seu pesar polo falecemento do subtenente da Garda Civil José Antonio Vilariño Pereira, que perdeu a vida a pasada madrugada nun accidente de tráfico rexistrado no termo municipal de Begonte.

Miñones e a subdelegada do Goberno na provincia de Lugo, Isabel Rodríguez, trasladaron as súas condolencias e agarimo aos mandos, compañeiros, familiares e amigos do falecido, que era xefe do Centro Operativo Complexo (COC) da Comandancia da Garda Civil de Lugo.

Destacaron, ademais, a profesionalidade e entrega de Vilariño, de 53 anos, que perdeu a vida cando o vehículo que conducía saíuse da vía. trasladaron as súas condolencias e agarimo aos mandos, compañeiros, familiares e amigos do falecido

+ posts

ÚLTIMAS

Folga: “Satisfación” dos sindicatos en Lugo, a pesar da “presión policial” e “servizos mínimos abusivos”

Os sindicatos amosáronse este mércores "satisfeitos" co seguimento da folga xeral na provincia de...

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Multan con máis de 21.000 euros a un home por tocar o traseiro a unha muller en Lugo

Un home foi multado con máis de 21.000 euros por lle tocar o traseiro...