InicioLugo e contornaLugo#LugoPatrimonioMundial volve ser tendencia europea no seu terceiro aniversario

#LugoPatrimonioMundial volve ser tendencia europea no seu terceiro aniversario

A falta de varias horas para rematar o 13 de febreiro, confírmase que #LugoPatrimonioMundial volveu estar durante o día de hoxe entre unha das tendencias europeas das redes sociais

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tres anos despois do nacemento do movemento cidadán #LugoPatrimonioMundial, esta etiqueta de orgullo lucense volveu neste 13 de febreiro a convertirse en trending topic a nivel europeo.

Segundo a web trendsmap.com #LugoPatrimonioMundial leva sendo tendencia a nivel continental dende as once de mañá, á altura de outros cancelos como #DíaMundialDeLaRadio, #Goyas2022, #SanValentino ou #NouvelleFrance.

Persoeiros de múltiples cores políticas (Javier Arias, Olalla Rodil, Marta Rivera de la Cruz, Paula Alvarellos, Rubén Arroxo, Óscar Poy, Olga Louzao) e de todos os ámbitos (deportivo, empresarial, universitario, institucional) volveron a sumarlle forza ao longo de todo día e a falta aínda de varias horas para que remate este terceiro aniversario dunha das iniciativas máis aglutinadoras de orgullo lucense.

 

ÚLTIMAS

Lugo recoñece a traxectoria de Xesús Alonso Montero e Rafael de Vega Barrera, fillos adoptivos da cidade

O Concello de Lugo recoñeceu este sábado a traxectoria de dous "lucenses de corazón",...

Controlado un incendio nunha nave que almacenaba palla en Palas de Rei

Un incendio orixinado esta tarde nunha nave que almacenaba palla en Palas de Rei...

Lío no Concello de Lugo por unha factura: Candia acusa a Arroxo de malversación

A portavoz do grupo municipal do PP en Lugo, Elena Candia, denunciou o que...

Alerta amarela na provincia de Lugo polo temporal con ventos de 100 km/h

O AEMET mantén o aviso laranxa para o litoral das provincias da Coruña e...