InicioSociedadeDoce anos de cárcere para o home que agrediu sexualmente á neta...

Doce anos de cárcere para o home que agrediu sexualmente á neta da súa parella

O agresor recoñeceu os feitos e puido ver rebaixada a pena, xa que inicialmente a Fiscalía pedía 14 anos de prisión.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo ratificou a condena a 12 anos de cárcere a un home que agrediu sexualmente á neta da súa parella, unha menor de 13 anos, en setembro de 2020. O agresor recoñeceu os feitos e puido ver rebaixada a pena, xa que inicialmente a Fiscalía pedía 14 anos de prisión.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a sentenza relata que o sospeitoso mantiña unha relación de “parella estable” desde 2008 coa avoa da vítima, quen lle chamaba “avó”. No apartado de feitos probados, relátase que o 6 de setembro de 2020, tras unha comida familiar, o acusado insistiu en levar de volta ao domicilio dos seus pais á menor, pero despois de despedirse da súa parella e avoa da nena, o que fixo foi trasladar a esta ao seu propio domicilio, onde a violou. A menor sufriu lesións físicas que esixiron atención sanitaria e tamén unha reacción psicolóxica.

Os maxistrados destacan na resolución que o acusado recoñeceu “de maneira expresa” no xuízo “os gravísimos e deleznables feitos que cometeu”. Con todo, subliñan que a existencia de proba preconstituida, consistente na declaración da vítima menor, é “a proba principal” da causa e que está “corroborada e completada” por outras probas, entre elas os informes psicolóxicos e forenses.

Ademais de 12 anos de prisión, a Audiencia impúxolle o pago dunha indemnización á afectada de 30.000 euros e cinco anos de liberdade vixiada, así como a prohibición de acudir ou aproximarse ao domicilio ou ao lugar de traballo ou estudo da vítima, nun radio de 500 metros, e de comunicarse con ela por calquera medio ou por persoa interposta durante un prazo de 14 anos.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...