InicioLugo e contornaLugoDetida unha parella acusada de traficar con drogas nun local de copas...

Detida unha parella acusada de traficar con drogas nun local de copas en Lugo

A muller quedou en liberdade e o home pasou a disposición xudicial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo a unha parella –de 32 anos de idade cada un– que rexentaba un local de copas no barrio da Piringalla de Lugo acusada dun delito de tráfico de drogas. Segundo informou a Policía, a investigación púxose en marcha tras a denuncia dos veciños e da asociación de comerciantes da zona, que trasladaron o seu malestar pola “continua trasfega de persoas alleas ao barrio, que deambulaban continuamente preto do local”.

A Policía Nacional sinala que este “continuo devir de xente, sempre co mesmo obxectivo de entrar e saír do local case de forma inmediata sen tempo de realizar unha consumición, provocou a alerta dos veciños”, que puxeron os feitos en coñecemento dos axentes.

Tras iniciar unha investigación, a Policía explicou que comprobou que no establecemento realizábase venda de sustancias estupefacientes. Ademais, o home agora detido supostamente desprazábase nun patín eléctrico pola cidade para vender as sustancias.

Ante iso, os axentes procederon á detención da parella, acusada dun delito de tráfico de drogas. Ademais, incautóuselle tanto no local como no seu domicilio máis de 20 dosea de cocaína e varias pastillas, ademais dos utensilios necesarios para a súa manipulación; balanzas, un muíño para adulterar a droga e envoltorios. Tamén se lle comisou oitocentos euros.

Desta forma, a Policía Nacional procedeu á detención do home e da muller e trasladounos ás dependencias da rúa Chantada, onde ingresan en calabozos. Tras iso, a muller quedou en liberdade e o home pasou a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

Folga: “Satisfación” dos sindicatos en Lugo, a pesar da “presión policial” e “servizos mínimos abusivos”

Os sindicatos amosáronse este mércores "satisfeitos" co seguimento da folga xeral na provincia de...

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Multan con máis de 21.000 euros a un home por tocar o traseiro a unha muller en Lugo

Un home foi multado con máis de 21.000 euros por lle tocar o traseiro...