InicioPolíticaO PP lugués inicia unha campaña de recollida de sinaturas para a...

O PP lugués inicia unha campaña de recollida de sinaturas para a reapertura do auditorio de Magoi

Os populares instalaron unha mesa na Praza Maior da cidade luguesa, onde este venres asinaron a iniciativa o portavoz do PP local, Ramón Carballo, e a presidenta provincial dos populares e deputada autonómica, Elena Candia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP no Concello de Lugo lanzou unha campaña de recollida de firmas para reclamar ao goberno local a apertura do auditorio de Magoi.

Os populares instalaron unha mesa na Praza Maior da cidade luguesa, onde este venres asinaron a iniciativa o portavoz do PP local, Ramón Carballo, e a presidenta provincial dos populares e deputada autonómica, Elena Candia.

Carballo precisou que esta campaña quere conseguir que “se poña ao servizo de todos os lucenses para mellorar infraestrutura cultural que ten a cidade e a provincia de Lugo”.

O portavoz lembrou que a Xunta de Galicia investiu 25 millóns de euros nun auditoria que permanece pechado “por falta de capacidade de xestión este bipartito, que é incapaz de pola ao servizo de todos os lucenses dándolle contido”.

“Solicitamos de todos os veciños de Lugo que apoien esta iniciativa de abrir ao auditorio porque esta infraestrutura é necesaria culturalmente”, reivindicou.

Tamén alertou que “cada día que pasa a súa deterioración é maior”, á vez que acusou á alcaldesa, Lara Méndez, de non levar a cabo as xestións para equipar a instalación.

Lembra que pasado ese tempo “os técnicos detectaron algunhas deficiencias, arranxáronse, e hai un ano e 9 meses os técnicos da Xunta e do concello asinaron unha acta para recepcionar esa infraestrutura, onde constaba que se arranxaron as deficiencias que había naquel momento”.

“Se o concello recpecionó esta obra nunha acta, onde non se reflicte ningunha deficiencia, non poden dicir agora que as deficiencias son estruturais ou que a Xunta arranxe o problema. O que teñen que facer é abrir xa o auditorio”, clamou finalmente Carballo.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...