InicioSociedadeDescenso de casos na provincia de Lugo a pesar do aumento no...

Descenso de casos na provincia de Lugo a pesar do aumento no conxunto de Galicia

Con todo, segue habendo 6.927 casos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os novos casos de Covid-19 repuntaron levemente nas últimas horas en Galicia e alcanzaron os 6.362 contaxios (fronte aos pouco máis de 6.000 notificados na xornada do xoves), e os casos activos volveron a subir, ata as 68.419 infeccións. Con todo, a presión nos hospitais descendeu lixeiramente, e hai 44 persoas en UCI e 596 en planta.

Así se reflicte no balance publicado este venres pola Consellería de Sanidade, con datos solicitados ata as 18,00 horas do xoves, e no que se informa de, ata agora, contaxiáronse 405.459 persoas, é dicir, que hai 6.362 contaxios novos nas últimas 24 horas.

Por áreas sanitarias, a de Lugo retarda o seu número de contaxios e notifica 614 infeccións novas detectadas, quedando con 6.927 casos (217 máis).

PRESIÓN HOSPITALARIA

Con respecto á presión da pandemia nos hospitais de Galicia, as cifras experimentaron unha lixeira melloría nas últimas horas, cun descenso de 4 pacientes en Unidades de Coidados Intensivos, que agora teñen 44 persoas; e cun paciente menos en planta, o que fai un total de 596 enfermos. Por áreas sanitarias, a de Lugo mantén 7 enfermos en UCI

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...