InicioLugo e contornaLugoA Deputación atribúe aos "discursos de odio" o ataque a unha exposición...

A Deputación atribúe aos “discursos de odio” o ataque a unha exposición na rúa

Os carteis da exposición serán repostos, apuntan dende o ente provincial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A exposición promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo ‘Galiza un pobo, unha selección’ en San Marcos foi vítima de actos vandálicos, con carteis desprazados, furados e rasgados. Respecto diso, o deputado de Deportes, Efrén Castro, atribúeos a unha consecuencia de “os discursos de odio”.

Os danos supostamente foron causados na madrugada do pasado luns, apenas 12 horas despois da inauguración desta mostra na capital luguesa. O deputado de Deportes en Lugo condenou o sucedido e relacionouno a unha consecuencia “dos discursos de odio que non respectan opinións diferentes”. Ademais, Castro fixo fincapé no perigo de afastarse “do diálogo e debate propio de sociedades democráticas” para cambialo por “odio e actos vandálicos que non responden a ningún tipo de razón”, engadiu.

Por parte da Deputación de Lugo xa puxeron en mans da Xustiza o sucedido e agora mentres esperan a que a investigación siga o seu curso renovarán os carteis. “Non imos deixar que saian coa súa”, abundou. A exposición que serve como homenaxe a todos os atletas e deportistas galegos e faise eco de “unha demanda que non se ten que compartir, pero si respectar como é a de poder contar cunha selección propia para competir de maneira internacional, como xa sucede no caso de Escocia ou Gales”, explicou.

“Imos manter a exposición ata o 14 de feberero na praza de San Marcos e despois, como estaba previsto, farémola viaxar por toda a provincia”, lembrou este deputado, con paradas en Sarria, Monforte, Chantada, Vilalba, Viveiro, Foz, Ribadeo, Barreiros e O Valadouro. Máis aló do compoñente ideolóxico, Efrén Castro fixo especial fincapé en que esta homenaxe itinerante o que pretende é “pór en valor” aos deportistas e, agregou, “a pesar de poder pensar diferente, crear un sentimento unánime ao redor de figuras como as do mariñán Adrián Ben”.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...