InicioLugo e contornaLugoLugo promociónase en Fitur botando man do cinema galego

Lugo promociónase en Fitur botando man do cinema galego

Fará gala de contar cos escenarios de 'O que arde' e 'O sabor das margaridas', entre outros produtos audiovisuais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

‘Lugo, Provincia de cinema’ será a campaña de turismo que a Deputación de Lugo presentará este xoves na caseta de Turespaña da Feira Internacional de Turismo (Fitur). A intención do goberno provincial é, en palabras da deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, “conseguir a máxima proxección e repercusión da oferta turística” coa que conta a provincia lucense, esta vez aliándose co cinema.

Así, este xoves aterrará en Turespaña “un proxecto que promove as visitas turísticas vinculadas aos escenarios de producións audiovisuais rodadas na provincia, como ‘O que arde’, ‘Dhogs’, ‘Live is Life’ ou ‘O sabor das margaridas’, entre moitas outras”, apunta a socialista.

Para García Porto, ter un espazo no expositor de Turismo de España, “coa presenza de operadores nacionais e internacionais, é unha oportunidade moi boa” e engade que amplía “claramente a proxección da provincia”. Insiste que desta maneira demóstrase a implicación de goberno provincial no “deseño de programas atractivos para conseguir un obxectivo común: dar a coñecer Lugo e atraer visitantes ao longo de todo o ano para xerar riqueza e emprego.

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...