InicioEconomíaO turismo de interior "de primeira orde" que ofrece Lugo estará presente...

O turismo de interior “de primeira orde” que ofrece Lugo estará presente en Fitur

A área de Turismo manterá xuntanzas con profesionais do sector turístico e contará con folletos informativos da cidade no stand de Turismo de Galicia accesibles para todas as persoas presentes na feira de Madrid.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo continúa coa campaña Lugo Km 100, que “está a destacar os potenciais turísticos de Lugo, e a consolidarnos como o centro do turismo de proximidade na Galiza”. A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, informou da campaña coa que o Concello de Lugo terá presenza na feira internacional de turismo Fitur, que terá lugar en Madrid a mediados de xaneiro. 

A concelleira de Cultura manterá encontros con profesionais do sector turístico durante a celebración da Feira, e o stand da Axencia de Turismo de Galicia contará coa presenza de Lugo, como en anos anteriores, e repartirá máis de 2000 folletos promocionais de Lugo a todas as persoas asistentes á feira, tanto profesionais como para o público en xeral.

Lugo conta cun atractivo turístico de primeira orde dentro do turismo de interior co que moi poucas cidades poden competir”. A edil de Cultura afirmou que “o turismo sostible e de proximidade está a mostrarse como un dos eixos de saída da crise económica provocada pola COVID“. Lugo estará presente en Fitur con material promocional da cidade e coa proxección dos vídeos turísticos elaborados pola área de Cultura.

A campaña Lugo Km 100 foi presentada na edición 2020 de Fitur, como unha aposta para poñer en valor a cidade de Lugo e o seu patrimonio histórico e cultural. A campaña está acompañada de diversas accións realizadas polas distintas áreas da Tenencia de Alcaldía para promocionar Lugo como punto de partida do Camiño Primitivo cumprindo cos 100 Km mínimos que se requiren para obter a Compostela. A presentación de Fitur contará tamén coa presenza da alcaldesa de Lugo, que presentará iniciativas para a mellora de Lugo.

Durante o 2021, entre as actuacións realizadas destaca a colocación das letras Lugo Km 100 na entrada a Lugo polo camiño primitivo, “unha acción que mellorou a imaxe da entrada a Lugo e está a funcionar como elemento de promoción turística a nivel internacional, especialmente destacable no ano Xacobeo”.

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...