InicioPolíticaO presidente da Deputación reclama que a Xunta prepare un plan industrial...

O presidente da Deputación reclama que a Xunta prepare un plan industrial para A Mariña

Tomé insistiu en que o acordo "é a mellor opción e o Ministerio --de Industria-- xa dixo que ía estar moi pendente do que suceda".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, reclamou á Xunta de Galicia un “plan industrial” para A Mariña, tras o inminente peche de Vestas e polo apagamento das cubas en Alcoa.

Despois da xunta de goberno provincial, sobre Vestas, quecesará a actividade o un de xaneiro, expuxo que “cando pecha unha empresa é unha mala noticia, aínda que dentro da mala noticia parece que houbo un acordo para retirar o ERE que acordaron entre traballadores e empresa“.

“Por tanto parece que se abre unha solución en canto a indemnizacións, á venda da nave –en Chavín, Viveiro–“, expuxo. Respecto de Alcoa, sinalou que “se falaba de que quen tiña que estar vixiante e tomar medidas era o Ministerio de Industria, aquí quen ten que tomar medidas é a Xunta de Galicia”.

Ao fío diso, subliñou que espera que o Goberno galego “tome medidas e elabore un plan industrial para A Mariña.“Para que todas as persoas que ven afectadas e poden deixar o seu emprego a curto ou medio prazo poidan recolocarse e que non sufra economicamente A Mariña porque tamén sofre o conxunto da provincia”, resolveu.

De novo sobre Alcoa, indicou que “cando hai un acordo sempre é positivo, outra cousa é que fose o mellor posible”. “Cando se produce un acordo, eu sempre aposto por ese acordo outra cousa é que imos ter que estas vixiantes todos para que a empresa cumpra o que pacta”.

Tomé insistiu en que o acordo “é a mellor opción e o Ministerio –de Industria– xa dixo que ía estar moi pendente do que suceda”.

ÚLTIMAS

Traxedia na A-8 en Guitiriz: dous operarios mortos tras ser atropelados durante unhas obras

Dous operarios faleceron e outros dous resultaron feridos graves por mor dun atropelo rexistrado...

Fendas no Concello de Lugo tras a saída da edil María Reigosa do PSOE: o PP fala de falta de liderado e Besteiro chama...

A portavoz do PP de Lugo, Elena Candia, vinculou o voto da edil que...

Prensentan o VIII Foro de Agroecoloxía que se celebrará en Mondoñedo

O pasado venres a medio día presentouse no Pazo de San Marcos o VIII...

Detido un empresario de transportes en Lugo por explotar a un traballador ao que prometeu papeis e contrato

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron na cidade a un empresario de transportes...