InicioSociedadeSeguen subindo os contaxios en Lugo; case 300 novos o día de...

Seguen subindo os contaxios en Lugo; case 300 novos o día de Nadal

Tamén se incrementou a presión hospitalaria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sexta onda da pandemia da covid-19 en Galicia superou xa os picos do cinco anteriores, ao contabilizar xa máis de 24.000 casos activos. A anterior cifra máis grande deuse o 29 de xaneiro deste ano, cando había 22.909 pacientes de coronavirus. Tamén soben os novos casos na provincia de Lugo, ata case os 300.

En concreto, segundo os datos publicados este domingo 26 de decembro, con rexistros ata as 18,00 do sábado 25, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) contabiliza 24.525 casos activos da enfermidade, tras subir en 1.903 nas últimas 24 horas analizadas.

Esta subida replicouse no último día en todas as áreas sanitarias cunha única excepción, a de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras. Na de Lugo-A Mariña-Monforte son 1.977 (+237).

CASE 300 CONTAXIOS

No que respecta ás novas infeccións, a cifra de 2.778 supón un respiro despois de tres días consecutivos de marca en Galicia. Son 322 contaxios detectados menos que o día previo, cando houbo 3.100. Con todo aumentaron na de Lugo-A Mariña-Monforte, con 297 novos casos.

PRESIÓN HOSPITALARIA

A pesar das cifras de marca tanto en contaxios como en casos activos, a presión hospitalaria mantense máis ou menos estable, ao sumar nas últimas horas só tres ingresados máis, ata os 278 en total. Deles, 219 están en planta –dúas menos– e 55 en unidades de coidados intensivos –cinco máis–. Por áreas sanitarias, a de Lugo-A Mariña-Monforte suma 23 (+2), seis deles en UCI (+1).

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...