InicioTerra CháVilalbaO capón volve darlle vida a Vilalba tras case dous anos de...

O capón volve darlle vida a Vilalba tras case dous anos de pandemia

O apoio á actividade agrogandeira é unha das principais liñas de traballo da Deputación de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto á Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, visitou este martes a Feira do Capón de Vilalba, onde participaron preto de 40 produtores que se encargaron da crianza dos 1.200 exemplares que se puxeron á venda na carpa da Praza da Constitución.

O Presidente, que participou tamén na entrega de premios, resaltou a importancia do sector agrogandeiro para a provincia e o apoio da institución provincial a esta actividade económica estratéxica para o territorio.

Na súa intervención, Tomé Roca sinalou que “o capón é un produto de calidade, elaborado dun xeito artesanal. Un produto que fala da nosa cultura, das nosas raíces, pero tamén da nosa capacidade para apostar por un sector primario que aporta produtos de primeira calidade para o mercado e para a gastronomía”.

Esta feira da localidade chairega “é un exemplo pola súa capacidade para atraer visitantes e por interesar en todos os puntos de España”, destacou o mandatario provincial. Tomé sinalou que o capón é “recoñecido e apreciado” e apuntou a necesidade de “seguir traballando, como está a facer o Concello de Vilalba.

“O apoio á actividade agrogandeira é unha das nosas principais liñas de traballo na Deputación de Lugo. Este sector é estratéxico para a nosa provincia, forma parte da nosa esencia, do que somos, e supón unha das máis importantes oportunidades para impulsar o desenvolvemento social e económico do noso rural”, expuso o Presidente.

+ posts

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...

A CIG denuncia a “criminalización” dos traballadores que enferman este 1 de Maio

Centos de persoas saíron á rúa en Lugo, no acto central convocado polo sindicato...