InicioLugo e contornaLugoMulta de mil euros para un individuo en patinete eléctrico que triplicou...

Multa de mil euros para un individuo en patinete eléctrico que triplicou a taxa máxima de alcoholemia

O patinete foi retirado e inmobilizado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo tramitou denuncia con sanción económica de mil euros para un individuo que triplicou a taxa máxima de alcoholemia cando circulaba en patinete eléctrico a pasada fin de semana en Lugo.

Segundo relatou a Policía Local, ás 5,15 horas do pasado sábado na rúa San Roque axentes observaron a presenza dun patinete eléctrico que circulaba pola calzada en zigzag, polo que ordenou ao seu condutor que detivese a marcha.

Ao comprobaron os policías municipais que o condutor presentaba “signos” de ter consumido bebidas alcohólicas, foi sometido ás probas de alcoholemia, nas que obtivo positivo de 0,95 e 0,93 mg/l, sinalan as mesmas fontes.

Por iso, este individuo foi denunciado administrativamente, o que leva, matizan as mesmas fontes policiais, sanción económica de mil euros. O patinete tamén foi retirado e inmobilizado.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...