InicioSociedadeContéñense os contaxios Covid en Lugo, mentres están disparados en Galicia

Contéñense os contaxios Covid en Lugo, mentres están disparados en Galicia

Lugo súmase un paciente a UCI (hai cinco).

PUBLICADA O

- Advertisement -

As estatísticas oficiais das autoridades sanitarias galegas reflicten este domingo que Galicia superou os 8.500 casos activos de covid-19 e achégase aos 8.600 pacientes con infección activa (situándose en 8.591). O número de contaxios diagnosticados nas últimas 24 horas está ao redor dos 700.

Segundo os datos publicados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste domingo, mantéñense en 35 as persoas ingresadas en UCI pola covid-19 en Galicia e soben a 202 as hospitalizadas noutras unidades.

Galicia mantén a tendencia ascendente de casos activos de covid-19, que se aproximan aos 8.600, o que implica 387 máis que na xornada anterior. Os contaxios, ao redor dos 700, superan significativamente ás pouco máis de 300 altas dadas, e nas últimas horas tamén foron notificados tres novos falecementos, que elevan as vítimas mortais a 2.681. Na área de Lugo súmase un paciente a UCI (hai cinco) e baixan a seis en planta (un menos).

CONTAXIOS CONTIDOS EN LUGO

Galicia mantén a tendencia ascendente de casos activos de covid-19, que se sitúan en 8.591, que implican 387 máis que na xornada anterior, ao haber máis contaxios (697) que altas (307). Nas últimas horas, sumáronse tres vítimas mortais. As infeccións activas aumentan de novo no sete áreas sanitarias galegas, coa de Lugo á cola, con 5 novos contaxiados, o que fai que en toda a provincia haxa 650 casos.

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...