InicioEconomíaA Ágora Verde de Lugo, dobre oportunidade para o produto ecolóxico

A Ágora Verde de Lugo, dobre oportunidade para o produto ecolóxico

Lugo acolle, na Praza Maior e ata o xoves 6 de setembro, a feira do produto ecolóxico baixo o auspicio de CRAEGA e a Deputación, que xa pasou por Monforte e Viveiro

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo é a provincia galega que conta coa maior superficie adicada ao produto ecolóxico, o 47 por cento do total. Esta forte aposta por un sector que medra en demanda de xeito sostido ten estes días o seu escaparate no centro da capital lucense. A Ágora Verde, creada baixo o auspicio da Deputación e mailo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), fica na Praza Maior ata este xoves 6 de setembro.

A producción das marcas con certificado ecolóxico incrementouse na provincia un 45 por cento ao longo de 2017. Foi en comparación un 3 por cento máis dinámico que a media galega, comportando un volume económico superior aos 22 millóns de euros. Porén, aínda existe moita confusión entre os consumidores, factor que motivou a instauración deste certame.

Ágora Verde ofrece información sobre as propiedades e beneficios da agroecoloxía e a pegada ambiental. Mais, ante todo, aproxima a consumidores e produtores. Para o sector, a feira supón unha dobre oportunidade. Por unha banda, introducen esta clase de produto, difícil de atopar nas grandes superficies. Pola outra, serve para presentar empresas que recén comezaron, ou que hai pouco que obtiveron o etiquetado ecolóxico.

Así, os produtores celebran a acollida da Ágora Verde, que xa pasou por Monforte e Viveiro. “Ogallá todas as semanas”, comenta o rexente dun dos postos. Malia á chuva intermitente, a privilexiada situación da feira na Praza Maior está a atraer a atención dos consumidores, tanto os que xa coñecen as propiedades destes alimentos coma os que proban por vez primeira o produto ecolóxico.

Xunto cos cartaces informativos, Ágora Verde presenta degustacións e venda directa nas casetas –proporcionadas pola Deputación– das entidades participantes: marmelos, verduras, tés e infusións, viños, doces e maruxas, cervexas, conservas, tapas… todo, co selo do CRAEGA que certifica a orixe ecolóxica.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...

Concello de Lugo e CHMS colaborarán para recuperar a contorna da rúa Fermín Rivera

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS),...

A Deputación de Lugo pide á Xunta reformular o anteproxecto de lei de administración local

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes unha proposta de Goberno en...

O PP acusa a BNG e PSOE de “deixar oco” na Deputación para que entrase o fillo do alcalde de Lugo

Os voceiros do Grupo Municipal, Elena Candia, e do Grupo Provincial do PP, Antonio...