InicioSucesosA Audiencia Provincial acollerá este vindeiro martes o proceso contra os tres...

A Audiencia Provincial acollerá este vindeiro martes o proceso contra os tres principais acusados na operación ‘Carioca’

En concreto, trátase de J.M.G.A. e J.M.P.N, principais responsables dos clubs de alterne Queens e O Outeiro. Desde o ano 2005 realizaban o control do negocio da prostitución que alí se exercía e colaboraban coa terceira acusada, G.P.S., para localizar a mulleres brasileiras en situación precaria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acollerá este martes o proceso contra o tres principais acusados o marco da ‘Operación Carioca’, para os que a Fiscalía pide penas que suman máis de 500 anos de prisión por decenas de delitos relacionados con esta trama de prostitución dirixida por dúas dos investigados no proceso.

En concreto, trátase de J.M.G.A. e J.M.P.N, principais responsables dos clubs de alterne Queens e O Outeiro. Desde o ano 2005 realizaban o control do negocio da prostitución que alí se exercía e colaboraban coa terceira acusada, G.P.S., para localizar a mulleres brasileiras en situación precaria.

Segundo o escrito de Fiscalía, ela contactaba con dous empregados da empresa City Tour para organizar as viaxes a España das mulleres captadas, que inmediatamente contraían unha débeda de preto de 3.000 euros.

A acusada comunicábase con elas por teléfono utilizando un pseudónimo e explicáballes as condicións da viaxe a España, indicándolles que lles facilitarían o diñeiro necesario para xustificar a súa suficiencia económica durante o período de estancia en España e que debían devolver aos outros dous investigados no proceso.

Para iso, debían exercer a prostitución nos mencionados clubs, impóndolles a condición de traballar nos mesmos ata o pago total da débeda contraída e descontándolles diariamente unha porcentaxe do gañado coas copas e servizos sexuais.

AMBIENTE DE VIOLENCIA E TEMOR

Co obxectivo de conseguir que as mulleres non abandonasen o exercicio da prostitución e así poder obter un maior beneficio económico, os dous investigados “crearon un ambiente de violencia, xerando un clima de temor, caracterizado pola agresividade dos acusados”, sendo habitual que uno deles portase armas de fogo “de forma intimidatoria”, lanzase coitelos, ou as ameazase para infundir medo sobre as consecuencias de deixar o local.

En paralelo, a débeda destas mulleres íase incrementando cos gastos diarios de aloxamento e manutención. Os dous acusados beneficiábanse das ganancias que obtiñan as mulleres a través da prostitución, que traballaban baixo as condicións de horarios e prezos impostas por eles, carecían de calquera dereito á súa actividade e estaban sometidas a unha serie de normas non escritas, como multas aleatorias.

“As condicións nas que traballaban as mulleres eran de extraordinaria dureza, tanto polas normas de traballo impostas, como polas regras de conduta e convivencia fixadas polos acusados”, sinala o escrito,

Estes feitos e outros relatados no escrito da acusación son constitutivos de delitos contra os dereitos de cidadáns estranxeiros, prostitución coactiva (54 delitos cada un dos acusados), 27 contra os dereitos dos traballadores, ameazas, tenencia ilícita de armas, e contra a saúde pública.

ÚLTIMAS

Falece unha persoa ao caer co seu coche ao río no centro de Sarria

Unha persoa perdeu a vida na tarde deste venres tras sufrir un grave accidente...

O Goberno adxudica o proxecto para construír 13 vivendas de aluguer alcanzable en Pedrafita do Cebreiro

Casa 47, a Entidade Estatal de Vivenda adscrita ao Ministerio de Vivenda e Axenda...

A exsocialista Reigosa volve apoiar unha enmenda do PPdeG, aínda que apoiou os orzamentos para 2026

O pleno municipal extraordinario celebrado este venres en Lugo deu o visto e prace...

O Concello de Lugo pide evitar as zonas inundables ante a crecida do Miño

O Concello de Lugo realizou este venres un chamamento á cidadanía para que evite...